CRTVG

Buscar

Piden que o medo ao COVID-19 sexa considerado causa de forza maior para cancelar unha viaxe

Publicado o 27/02/2020 20:50

Nas axencias de viaxes están a recibir estes días chamadas de usuarios con viaxes contratadas con destino a zonas afectadas polo coronavirus.

As principais asociacións de consumidores españolas están a pedir que o medo ao coronavirus sexa considerado como causa de forza maior para a cancelación da viaxe. Entenden que a existencia do medo é fundada e fan alusión á propia recomendación do Ministerio de Sanidade que, seguindo o principio de precaución, aconsella non viaxar ás zonas afectadas. A inclusión do medo como causa de forza maior implicaría a devolución do importe do billete para o viaxeiro.

Ante a posibilidade de futuras reclamacións, agora incertas, as asociacións de consumidores recoméndanlles aos afectados conservar toda a información relacionada coas condicións de contratación da viaxe.

Noticias web

27/02/2020