Recala en Vigo o superiate de luxo New Secret
Publicado o 29/06/2020 14:46
O superiate New Secret, con bandeira das illas Marshall, recala estes días en Vigo, no porto deportivo de Marina Davila. Con 74 metros de eslora e 12 de manga, é a embarcación deste tipo máis grande que atracou este ano na Cidade Olívica.
Este luxoso iate, propiedade do millonario estadounidense Ryan Baughman, leva en Vigo dende onte e ten previsto pasar uns días máis no porto vigués, que xa se converteu en punto de referencia para barcos destas características.
Máis sobre Vigo
27/02/2021 14:47
24/02/2021 15:16