CRTVG

Buscar

Rebentan unha reixa para roubar nun bar de Caranza, en Ferrol

Publicado o 30/12/2019 14:40

Rápido, rebentando a reixa de acceso ao interior e de madrugada. Así foi como o o ladrón ou ladróns entraron neste bar do barrio de Caranza, en Ferrol.

Rebentaron a reixa, forzaron a porta e levaron os caixóns da máquina comecartos. E nin a alarma nin as cámaras de seguridade instaladas conseguiron que escaparan co recadado.

Nos máis de trinta anos que os propietarios levan rexentando este establecemento, nunca sufriran un roubo. Pero no barrio, e nos útlimos anos, varios locais de hostalería foron visitados polos amigos do alleo. E sempre para conseguir o mesmo botín.

Desta modalidade de roubos sabe ben Eduardo, propietario dun bar situado a escasos metros do asaltado esta fin de semana. Nos sete anos que leva metido neste negoco xa sufriu 4 roubos.

Uns roubos que se suman a outros asaltos que sufriron na zona outros establecementos. E que fan que medre a inseguridade entre a veciñanza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019