CRTVG

Buscar

Retoman a busca do desaparecido en Boimorto con axuda de drons

Publicado o 04/03/2020 12:38

A procura dun home octoxenario desaparecido a pasada fin de semana na localidade coruñesa de Boimorto retomouse esta mañá con axuda de drons.

Ata o momento as autoridades non atoparon pista algunha, roupa ou efectos persoais na contorna, informaron fontes da Garda Civil.

Os axentes ampliaron onte a zona de rastrexo aos lugares de Sendelle e Arceo, e novamente ao redor do domicilio en Romelas, nun operativo ao que se sumaron varios veciños.

O home, que reside nunha vivenda en solitario en Romelas e padece de alzheimer, aínda que non ten fillos recibe axuda dos seus curmáns e foi visto por última vez o pasado sábado nesa zona.

Desde a súa desaparición, o dispositivo de procura levou a cabo inspecciones en alpendres vellos, casas abandonadas e outras zonas de refuxio da zona sen achar ningún indicio.