CRTVG

Buscar

As 84 familias do edificio incendiado en Vigo aínda non puideron volver ás casas

Publicado o 25/05/2020 13:55

As 84 familias que residían no edificio de Teis, en Vigo, cuxo garaxe se incendiou o pasado venres aínda non puideron volver ás súas casas. Os veciños están á espera das conclusións da Policía Científica sobre as causas do lume e do informe do arquitecto municipal sobre o estado do edificio.

Como consecuencia do incendio, as casas quedaron sen luz e sen auga e a fumareda afectou as zonas comúns do inmoble. Por este motivo, os veciños tiveron que ser realoxados, algúns en casas de familiares e máis dunha vintena deles permanecen en tres hoteis de Vigo.

Noticias web

25/05/2020