Realoxada unha das familias okupas dun chalé na Zapateira, na Coruña
Publicado o 28/05/2020 14:33
Hai novidades no caso dos dous chalés de luxo na Coruña ocupados ilegalmente.
Porque parte dunha das familias xa foi realoxada. Un equipo técnico de menores levaba meses facéndolles un seguimento e a través da oenegué Remar conseguiu atopar unha vivenda. Así que a muller e os seus catro fillos xa abandonaron o chalé da Zapateira, non así o home, que, polo momento, continúa residindo nel.
Máis sobre A Coruña
10/04/2021 14:20
10/04/2021 13:29
09/04/2021 21:18