CRTVG

Buscar

Reactívase un incendio no monte Tahume en Ribeira, onde xa prendera onte

Publicado o 18/07/2020 22:36

Entre Ribeira e Porto do Son a media tarde comezaba a arder de novo no monte Tahume, probablemente despois de se reactivar o incendio que esta noite arrasou seis hectáreas de terreo neste mesmo lugar con dous focos detectados. O lume ascendeu cara a cima do monte e a columna de fume puido verse desde a distancia.

A esta hora continúan traballando os servizos de extinción tanto por terra como por aire.

Noticias web

18/07/2020