CRTVG

Buscar

Reactivan, cinco anos despois, a investigación pola repartición dos fondos Jeremie na Junta de Andalucía

Publicado o 18/11/2020 15:04
Reactivan, cinco anos despois, a investigación pola repartición dos fondos Jeremie na Junta de Andalucía

A xuíza do Xulgado de Instrución número 5 de Sevilla abriu outras 14 pezas separadas para investigar, esta vez, a repartición dos fondos europeos Jeremie, realizado polos gobernos socialistas andaluces no período 2007-2013.

A instrución, iniciada a instancias da Fiscalía Anticorrupción, reactívase, tras 5 anos paralizada, para investigar axudas por importe de 185 millóns de euros, concedidas pola axencia IDEA a 17 proxectos non financiables con fondos europeos, segundo a Oficina Antifraude da Unión.

Estas axudas supoñen case un terzo dos máis de 680 millóns que se investigaron na macrocausa dos ere.

Noticias web

18/11/2020