CRTVG

Buscar

As forzas políticas galegas piden solucións aos despedimentos de Alcoa

Publicado o 28/05/2020 17:24
  

A cambio de apoiar a investidura de Sánchez, o BNG pactara unha rebaixa da luz para Alcoa que finalmente nunca se aprobou. Agora, tanto o Bloque coma En Marea piden que se interveña a empresa.

En Marea, ademais, insiste en que hai que aprobar xa o estatuto das electrointensivas. Dende o PPdeG sinalan como único responsable do posible peche e dos despedimentos a Pedro Sánchez por non aprobar o estatuto das electrointensivas.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mostrou o seu rexeitamento á decisión da empresa  e pediu a máxima implicación ao Goberno de España e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusou de ser "un mero espectador". Nun comunicado remitido aos medios despois de coñecerse o anuncio da empresa, Gonzalo Caballero lembrou que esta empresa "recibiu axudas multimillonarias durante anos" polo que considerou que non se pode asumir o seu anuncio de despedimentos.

O portavoz de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, considera que a a situación se debe á "desidia da Xunta" e esíxelle ao Goberno galego actuar decontado despois de "once anos de Goberno de Feijóo nos que foi un espectador do desmantelamento da industria de Galicia".

Noticias web

28/05/2020

Máis sobre Cervo