CRTVG

Buscar

Reabren os hoteis, pero moitos apostan por agardar a finais de mes

Publicado o 09/06/2020 21:04

En xuño do ano pasado hoteis coma este de Sanxenxo rozaban un 85% de ocupación e colgaban as fin de semana o cartel de completo. Pero as cousas son moi distintas este ano e agora a maoría dos hoteis permanecen aínda pechados mentres ultiman os detalles para reabrir a partir da segunda quincena de xuño.

A maioría adaptan agora as súas instalacións para cumprir cos protocolos sanitarios e coa esperanza de que a mobilidade xeográfica e a apertura do turismo permitan salvar a temporada.

Tamén permanecen aínda pechados a maioría dos hoteis en Santiago. Este hotel con encando situado na zona histórica estaría a estas alturas no ano pasado con todos os cuartos cheos sobre todo de clientes estranxeiros. A terraza coa que conta animounos xa a reiniciar a actividade.

Pero a maioría agardan aínda con seus empregados en ERTE e adaptando as instalación coa vista posta no mes de xullo e a reactivación do turismo.

Noticias web

09/06/2020