CRTVG

Buscar

Reabren os centros de día despois de catro meses

Publicado o 15/07/2020 08:18

Catro meses despois, os centros de día galegos volven abrir as súas portas. Era unha demanda das familias, que levaban semanas queixándose da deterioración física e mental dos usuarios.

Esta reapertura ten varias fases. Na primeira, a capacidade máxima será do 50 % para limitar o número de contactos. 

Se non hai incidencias, nos seguintes quince días, que sería a segunda fase, a capacidade poderá aumentar ata o 75 %.

E xa na última fase, na seguinte quincena, xa poderán abrir co 100 % da súa capacidade.

Reabren con estritos protocolos para previr caquera posibilidade de contaxio. Nos accesos: máscaras, control de temperatura e hidroxeles tanto para traballadores como usuarios. As terapias, tan necesarias, vanse realizar sempre con cita previa e de forma individual.

Hoxe abren a maior parte deles con esa capacidade reducida á metade. O aforo dos centros irá ampliándose progresivamente e está previsto que nun mes recuperen a súa capacidade total.