CRTVG

Buscar

Reabre Ikea, de momento, só a tenda de alimentación

Publicado o 12/05/2020 14:21

Outra empresa que abre hoxe as súas portas ao público, aínda que só sexa parcialmente, é a multinacional Ikea en Galicia.

Trátase da sección de alimentación, pero só para os produtos envasados. A zona de restauración continuará pechada, de momento. A tenda sueca dispuxo as medidas de prevención recomendadas polo Goberno e habilitou un teléfono para poder facer pedidos a domicilio.

Noticias web

12/05/2020