CRTVG

Buscar

Raymond Torres: "Vaise destruír menos emprego que na crise de 2008"

Publicado o 24/04/2020 10:38

As previsións económicas para este ano realizadas por diversos organismos coinciden. O PIB caerá arredor do 7%, cun déficit que se situará no 10%. A débeda acadaría valores próximos ao 115%. Isto é o que estima Funcas, a Fundación de Caixas de Aforro. Aínda que hai escenarios máis pesimistas que falan dunha contracción do 12,5% e taxas de paro do 24%.

Raymond Torres é o director de Conxuntura e Análise Internacional de Funcas: "Cunha caída tan intensa da produción parece case imposible moderar a caída do emprego. Comparado coa crise financeira, destruiríase menos emprego porque dalgunha maneira os ERTE, os dispositivos de reaxuste de emprego, o teletraballo... permiten suavizar o impacto da recesión tan grave que se anuncia".

"Creo que se van ampliar os ERTE, especialmente nalgúns sectores como o turismo, a hostalería, a restauración..., porque a suspensión da actividade vai durar moito máis tempo do que dure o confinamento. Algúns falan de finais de ano para que se recupere a actividade. A normativa actual non contempla que os ERTE teñan esa duración, polo que fará falta un dispositivo especial".

Noticias web

24/04/2020