CRTVG

Buscar

Raúl Mínguez: "Necesitamos a supervivencia do tecido produtivo"

Publicado o 05/05/2020 10:49

A caída da economía en 2020 é segura. Todas as previsións auguran este descenso, que será acusado no primeiro semestre do ano e que se trasladará ao emprego.

Falamos de descenso do PIB entre o 7 e o 11%, cunha taxa de desemprego que podería situarse no 26%, no peor dos escenarios.

Pero non podemos quedar coas previsións, temos que saber as receitas máis axeitadas para saír desta situación.

Raúl Mínguez, director de Estudos da Cámara de Comercio de España: "As receitas teñen que vir de moitos lados. Necesitamos a supervivencia do tecido produtivo. No medio prazo, temos que mirar pola reconstrución".

"As empresas son o sustento da actividade económica. Se salvamos empresas salvaremos tamén empregos. As empresas son o sustento do estado de benestar".

Noticias web

05/05/2020