CRTVG

Buscar

Raúl Dans recibe o premio Laudamuco para textos teatrais

Publicado o 26/09/2020 15:12

O dramaturgo Raúl Dans recibiu hoxe o premio Laudamuco de teatro pola súa obra Só un home bo, un texto cunha complexa intriga de fondo.

O argumento céntrase no secuestro por parte dun pai do presunto asasino da súa filla e o xurado destacou especialmente a calidade do texto. O premio, dotado con 7.000 euros, foille estregado este mediodía a Raúl Dans na Casa de Cultura de Brión. Este Concello é quen convoca o galardón conxuntamente coa Academia Galega de Teatro e Edición Positivas.

 

Noticias web

26/09/2020

Máis sobre actualidade