CRTVG

Buscar

Ratifican 36 anos de prisión para o hostaleiro de Vigo que abusara de 16 menores

Publicado o 22/04/2020 14:34

Ratifícase a condena de 36 anos de prisión para o hostaleiro vigués coñecido como Papuchi por abusos a 16 menores.

Trátase, segundo a policía, do maior depredador sexual de menores de Vigo. O ditame sostén que aproveitou a confianza que estableceu cos rapaces para abusar deles entre os anos 2015 e 2017. Ademais da pena de prisión, o home deberá pagar 17.500 euros en indemnizacións ás vítimas.

Noticias web

22/04/2020