CRTVG

Buscar

A raíña de Inglaterra reúne a familia de urxencia para tratar o futuro dos duques de Sussex

Publicado o 13/01/2020 09:00

Reunión de urxencia do núcleo da familia real británica para falar do futuro dos duques de Sussex. O seu anuncio de que deixarán de ser membros sénior da monarquía provocou un tremor na Casa Real e a raíña convocou un encontro para resolver os termos exactos desta saída.

A Sandringham prevese que acudan a propia Isabel II, o príncipe Carlos e os seus dous fillos, Guillerme e Henrique.

Noticias web

13/01/2020