CRTVG

Buscar

Rafinha: "A vitoria contra o Leganés valeu máis ca tres puntos"

Publicado o 24/02/2020 22:03

O Celta semella que atopou o camiño para afastarse do descenso. E é que ademais de sumar sete dos últimos nove puntos en xogo, o equipo demostrou que recuperou a confianza e a competitividade. E algo máis, un novo líder para acompañar a Aspas, Rafinha.

Afouteza en cada lance do xogo. Rafinha demostra cada semana o seu grao de compromiso. Está en todas partes, non dá un balón por perdido e está a resultar un xogador clave para a recuperación do Celta. Ante o Leganés volveu ofrecer un gran rendemento. A vitoria, contra a adversidade, reforza aínda máis ao xogador e ao equipo. Foron máis ca tres puntos.

Rafinha foi recoñecido como o mellor xogador celeste do mes de xaneiro pero tamén leva un mes de febreiro sensacional. Contra o Sevilla, no Bernabeu... Destacan as súas estatísticas na alta porcentaxe de acerto no pase. Na segunda parte das temporadas alcanza o seu pico de forma.

Conecta con Iago Aspas, e co resto do vestiario.

Rafinha xoga cedido polo Barcelona, club no que lle queda un ano de contrato cunha cláusula que baixou a 17 millóns de euros, menos do que o Celta ingresou por Lobotka este inverno.

Noticias web

24/02/2020