CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Radio Galega entrega o XI Premio de Teatro Radiofónico nun programa especial de 'Diario Cultural'

Publicado o 28/02/2018 21:42


Os nosos compañeiros da Radio Galega entregaron esta tarde os galardóns do undécimo Premio de Teatro Radiofónico. As obras galardoadas son 'Psicofonías' e 'Alianzas'.

O programa 'Diario Cultural' da Radio Galega emitiu unha edición especial xunto aos galardoados do Premio de Teatro Radiofónico. A obra 'Psicofonías' de Marcos Abalde recibiu o premio do xurado. Esta peza mestura o relato de suspense cos problemas da realidade social e emprega dunha forma maxistral os recursos sonoros, tan importantes nun medio como a radio.

O xurado destacou a calidade das 61 obras presentadas, polo que elixir as gañadoras non foi sinxelo.

O premio da audiencia foi para Avelina Pérez. A súa obra 'Alianzas' trata a violencia no matrimonio.

Este premio fomenta a recuperación dun xénero que marcou o inicio da historia da radio.

Telexornal Serán

28/02/2018