CRTVG

Buscar

Quinta derrota do Celta

Publicado o 27/10/2019 19:40

Chegará Rafinha a tempo para o partido do mércores contra o Betis? O Celta necesita máis recursos ofensivos e xente que se asocie ben. Escribá probou con Lobotka como iniciador e funcionou a medias. Oyarzabal e Odegard, en dous caneos e tres pases, creaban unha ocasión de gol.

Fran Escribá, adestrador do Celta: "Lobotka non está no seu mellor nivel, pero é un futbolista de moita claridade".

A contribución ofensiva celeste pasou por senllas cacholadas de Santi Mina, unha contra o pau e outra que marchou por riba da trabe da meta donostiarra. E logo a expulsión de Pape. Inexistente o primeiro cartón. Claro o segundo.

Fran Escribá, adestrador do Celta; "A expulsión non cambiou moito a lectura do partido".

Ata que entrou o xogador de orixe eritrea Alexander Ísak, que se incrustou entre os defensas do Celta e cun golpeo maxistral bateu a Rubén. E volveu levar perigo con outro lanzamento que desviou Rubén, pero daquela o Celta xa estaba pensando en como sacar o barco das pedras o vindeiro mércores contra o Betis en Sevilla.




 

Noticias web

27/10/2019