CRTVG

Buscar

Quinta condena para o donxoán de Vigo

Publicado o 27/11/2020 11:28

Quinta condena para o donxoán de Vigo, alcumado Javivi e coñecido por estafar homes cos que tiña encontros no seu domicilio. Roubáballes o DNI e longo baleiraba as súas contas. Desta vez aceptou unha condena de 21 meses de cárcere e unha multa 540 euros nunha vista de conformidade celebrada no Xulgado do Penal número 2 de Vigo.

O home estaba acusado de gastar máis de 15.000 euros co DNI do exmozo dunha cómplice. Esta muller entregoulle a Javivi o documento da vítima, os datos bancarios e unha nómina. Con esa identidade pechou empréstimos en bancos e financeiras por Internet, aínda que algúns lle denegaron o crédito.

Actualmente o estafador atópase no cárcere da Lama cumprindo condena por otros delitos similares. E aínda lle quedan por diante máis vistas. Na próxima afrontará 5 anos de prisión por estafar un home co que mantivera un encontro sentimental.

Noticias web

27/11/2020