Quince concellos de Lugo mantéñense libres do coronavirus
En Galicia, 56 municipios levan catorce días sen ningún caso de coronavirus. A meirande parte deles están na provincia de Ourense. Nela, son 35 os municipios libres de coronavirus nas últimas dúas semanas.
A provincia de Lugo ten 15 concellos con cero casos. Moitos deles coinciden cos que están na raia coa meseta. A situación cambia nas provincias atlánticas, porque na Coruña hai só catro municipios libres de covid−19 e na de Pontevedra tan só dous.
En quince concellos da provincia de Lugo non hai casos de coronavirus. Representan pouco máis que o vinte por cento, pero supoñen o contrapunto a localidades coma Lugo ou Vilalba, que reúnen a maior parte das persoas contaxiadas.
Portomarín é un dos concellos libres de covid−19.
A dispersión poboacional tamén inflúe, é de trece habitantes por quilómetro cadrado.
Tamén O Páramo destaca por non presentar ningún caso de covid−19. No verán un foco familiar deixara oito persoas afectadas.
Casualidade ou precaución, son excepcións nun mapa que na provincia lucense ten a Vilalba, Lugo, Sarria e Burela no nivel máximo de alerta.