CRTVG

Buscar

Queixas dos veciños de Conxo polas obras que dificultan o acceso ao cemiterio

Publicado o 27/10/2020 13:33

Achégase o Día de Defuntos e todos os veciños de Santiago que queiran acudir a visitar os seus seres queridos ao cemiterio de Conxo atoparán con esta situación. Unha escavadora na porta e un anaco de madeira a modo de pasarela para acceder ao interior.

Dende o primeiro momento que comezou, os veciños puxeron en coñecemento o seu descontento coa obra polas múltiples dificultades que lles presentaba, pero esas queixas caeron en saco roto.

Tras cinco meses de obra en que, segundo aseguran, a evolución que se observa é moi lenta, a única solución que lles dan é botar un pouco de cemento durante estes días para poder acondicionar a xeito o acceso de cara ao día 31.

Noticias web

27/10/2020