CRTVG

Buscar

Queda sen piso e ten que facer fronte ás facturas que xeran os 'okupas'

Publicado o 07/10/2020 14:58

Sonia é a propietaria dun piso ocupado en Ourense. Leva catro meses pelexando por recuperar a súa vivenda e hoxe acompañamola a interpor a denuncia e a falar cos ocupantes ilegais, que unha vez máis, negáronse a marchar.

Agora é ela a que está sen teito. Mentres dorme no coche ten que facer fronte a todas as facturas da vivenda na que non reside.  Está desesperada e non deixa de recibir ameazas constantes das persoas que a diario transitan pola súa propiedade.

Intentouno todo. Xa leva interpostas dúas denuncias, pero, de momento, só recibiu unha resposta: como mínimo, ata febreiro non poderá volver ao seu fogar. 

Noticias web

07/10/2020