CRTVG

Buscar

Queda a medio camiño o regreso da venda presencial de billetes nas estacións de trens afectadas polos recortes

Publicado o 19/01/2020 14:43

A situación da venda de billetes nas estacións ferroviarias galegas afectadas polos recortes dista moito de estar normalizada. Por poñer dous exemplos, na estación tudense de Guillarei non hai venda polas tardes e na de Redondela as billeteiras están pechadas e o responsable de circulación é o encargado de vender os billetes nos momentos en que non ten traballo.

A imaxe é de total desolación na estación principal de Redondela, o edificio baleiro, os andéns tamén, só hai movemento nas vías e na cantina. Redondela foi un gran nó ferroviario con varias estacións e apeadoiros que viviu tempos de gloria. Agora semella esmorecer. Ademais, a máquina de autovenda non é excesivamenta doada de manexar.

Aquí a billeteira está pechada e é o factor de circulación é quen vende os billetes nos anacos libres, algo que produce molestias aos usuarios.

En Guillarei aínda non abre polas tardes e o panorama é moi semellante ou peor noutras estacións afectadas polos recortes. Os representantes sindicais apuntan que o problema radica na falta de persoal e na máis que probable entrada de empresas privadas ou subcontratas na prestación dos servizos ferroviarios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/01/2020

Máis sobre Redondela