CRTVG

Buscar

Que tal unha peli? Moitos cines de Galicia están volvendo á actividade

Publicado o 26/06/2020 14:04

A reixa ábrese e a luz préndese esta tarde nos cinemas Yelmo de Vigo. Os espectadores que aquí se achegan non tocan nada. Todo se compra por Internet, ou nesta billeteira, ninguén tocará a nosa entrada, que pasaremos polo lector.

As salas estarán ao 75% como esixe a norma, e os grupos de amigos ou parellas separados por unha butaca de xente coa que non teña conexión.

Tamén nestoutro centro comercial de Vigo agardan a apertura hoxe das salas para reactivar as tendas e a hostalería con maior fluxo de xente.

Noticias web

26/06/2020