CRTVG

Buscar

Que precaucións debemos tomar coas motos acuáticas?

Publicado o 27/07/2020 22:02

As motos acuáticas non son malas en si, pero se quen as conduce non é prudente, pode convertelas nun perigo non só para si mesmo, tamén para os bañistas e o resto de embarcacións. Por iso os profesionais do sector piden un especial coidado cando se usen estes vehículos.

Sandra Fernández, Jet Vigo Motos Acuáticas: "O que queremos pedir aos usuarios é que respecten a normativa, que se afasten das praias 200 metros, que estean a máis de 50 metros doutras embarcacións, que non estean preto de praias, bañistas ou outras embarcacións".

As motos náuticas teñen moitos detractores. Moitos nadadores teñen medo de que non os vexan na auga, as piraguas sofren moito o impacto do seu ronsel e os que buscan a calma no mar están fartos do ruído que ocasionan.

Pero tamén hai moitos que gozan das motos acuáticas. Para que non se metan en problemas, os expertos recomendan que se formen ben, ademais de sacar o permiso de navegación.

Sandra Fernández, Jet Vigo Motos Acuáticas: "Que se poñan en contacto cunha tenda especialista para que teñan unha base de manexo e de respecto ao medio ambiente, á normativa e aos outros usuarios".

Conducir con prudencia e respectar o espazo dos demais é a clave para que todos poidan gozar do mar.

Noticias web

27/07/2020