CRTVG

Buscar

Que podemos facer antes de final de ano para pagar menos na vindeira Declaración da renda?

Publicado o 05/12/2019 20:47

A piques de pechar o exercicio fiscal de 2019 aínda hai marxe para aproveitar os beneficios fiscais. As persoas físicas poden deducir ata 8000 euros en aportacións a plans de pensións. Tamén as hipotecas para vivendas mercadas antes de 2013 manteñen o dereito a dedución para amortizacións de ata 9.000 euros. E non é a única mellora fiscal en materia de vivenda.

Amais de beneficiar das anteriores deducións e exencións, os autónomos contan este ano con novidades.

Son opcións que permiten mellorar as contas coa Axencia Tributaria á hora de facer a declaración da renda a próxima primavera.

Noticias web

05/12/2019