CRTVG

Buscar

Que facer cando de súpeto topamos cun xabaril na estrada?

Publicado o 04/06/2020 21:28

Este é o resultado do impacto cun xabaril, imaxes cada vez máis frecuentes nas nosas estradas. Normalmente só vemos o que pasa despois do sinistro. O RACE recreou a colisión dun coche que circula a 80 quilómetros por hora contra unha maqueta de xabaril de 40 quilos de peso.

A menor velocidade, máis tempo e espazo de freada, pero non sempre hai marxe para a reacción. Daquela, que facer cando topamos de súpeto cun animal no noso camiño?.

Aconsellan non poñer luces longas ou tocar a bucina que ceguen ou paralicen o animal. Con todo, a mellor medida é a prevención, por iso cómpre adaptar o noso xeito de conducir ás circunstancias das vías onde é máis probable a aparición de animais na estrada.

O ano pasado rexistráronse nas estradas galegas cinco mil impactos con animais. Deles uns 3.500 eran xabarís, é dicir, houbo máis de dez colisións ao día. Durante a corentena baixou o tráfico, pero aumentou a presenza de especies salvaxes, o que multiplica o risco de accidente.

Noticias web

04/06/2020