CRTVG

Buscar

Que desprazamentos se permiten co coche na fase 1?

Publicado o 11/05/2020 17:44

Entre estas imaxes en pleno confinamento e estoutras que vemos hoxe, pasaron unhas seis semanas. O cambio resulta evidente.

Empezou a fase 1 da desescalada e xa está permitido coller o coche para, por exemplo, desprazarse dentro da provincia e achegarse ata unha segunda residencia.

Tamén se permite compartir coche coa xente coa que se convive. Neste caso poden ocupar no vehículo ata nove prazas e non é preciso o uso de máscara. Se non conviven, só poden ir dúas persoas por cada fila de asentos e, neste caso, si teñen que levar máscara. Ademais pódese utilizar o coche para ir aos domicilios de amigos ou familiares.

Nas motos poden viaxar dúas persoas sempre que leven casco integral, utilicen máscara, ou vivan xuntas. Ademais neste caso é obrigatorio o uso de luvas. O que non se permite polo de agora é cambiar de provincia salvo causa xustificada, como por exemplo ir a traballar, coidar de maiores ou dependentes, ou por motivos sanitarios.

Noticias web

11/05/2020