CRTVG

Buscar

Putin ordena a volta ao traballo a pesar de que Rusia xa supera a Italia en contaxios

Publicado o 12/05/2020 09:01

Hoxe martes, os rusos deben volver ao traballo despois de seis semanas de confinamento.
O presidente Vladimir Putin ordenou que cadaquén deberá volver ao seu posto de traballo se así o aproban os seus gobernos rexionais.

O mandatario afirmou nunha declaración televisada que o coronavirus e as restricións derivadas da epidemia golperaron seriamente a economía e o sistema de protección social de Rusia. Dixo que as vacacións retribuídas impostas a finais de marzo acabaron onte e hoxe teñen que volver ao traballo.

A orde de Putin prodúcese cando o país, con preto de 222.000, xa supera a Italia en número de contaxiados da COVID-19.

Noticias web

12/05/2020