CRTVG

Buscar

Pugnas no PSdeG pola Deputación de Lugo

Publicado o 14/06/2019 15:56

En Lugo, o secretario provincial do PSdeG esíxelle a Gonzalo Caballero que aclare as súas palabras sobre a necesidade dun cambio de rumbo con vistas á elección do aspirante a presidir a deputación. Álvaro Santos cre que debe repetir Darío Campos. Pola contra o monfortino José Tomé dá novos pasos para disputarlle o posto.

Álvaro Santos está disposto a renunciar a ser deputado provincial pero non a que o propio partido socialista impida a Darío Campos presentarse á reelección como presidente da Deputación de Lugo. O secretario provincial pídelle explicacións a Gonzalo Caballero por unhas declaracións nas que o líder do PSdeG asegurou que fan falta novos rumbos.

A outra parte en disputa, o monfortino José Tomé, presentaba hoxe o seu novo goberno local, cunha persoa que coordinará o grupo cando el estea de viaxe. Algo que non significa, dixo, que teña xa asegurado dar o salto á presidencia da Deputación en substitución de Campos.





 

Noticias web

14/06/2019