CRTVG

Buscar

Públicase un documento coa proposta de Escrivá de ampliar o período para calcular as pensións

Publicado o 21/01/2021 12:55

Sobre a reforma das pensións, o ministro da Seguridade Social di que nunca propuxeron ampliar o período para calcular as prestacións, de 25 a 35 anos.

Pero hai varios documentos que parecen demostrar o contrario. Vémolo nun texto que publica El País e que enviou o Ministerio de Seguridade Social a outros departamentos da área económica do Goberno. Aí podemos ler como terceira medida "ampliar o período de cómputo para a base reguladora da pensión dos 25 últimos anos ata un máximo de 35". E tamén se recollía a proposta no borrador dun documento que ía ser remitido a Bruxelas, ao que tivo acceso Europa Press, e que finalmente non se enviou.

Noticias web

21/01/2021