CRTVG

Buscar

As organizacións agrarias querían que se adiase o IVE do primeiro trimestre na agrogandería

Publicado o 09/04/2020 21:28

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe as anunciadas rebaixas do IRPF para agricultores e gandeiros afectados polos danos climáticos de 2019. En Galicia a noticia foi ben recibida polas organizacións agrarias pero parece que agardaban algo máis.

O Ministerio de Facenda reduce os impostos para agricultores e gandeiros no primeiro trimestre e o de Agricultura calcula que iso vai supoñer unha rebaixa de máis de 600 millóns de euros no conxunto de España, moito máis ca o ano anterior.

En Galicia afecta sectores tan relevantes coma o leiteiro, un 10%, o vacún, o 30%, ou o ovino, arredor do 30%. Tamén a cultivos como as patacas ou o viño.

As organizacións agrarias consideran que está ben, pero pedían dúas cousas que non conseguiron: unha, que os gastos de difícil xustificación pasasen do 5 ao 10 %, e outra, importante, que lles adiasen a declaración do IVE do primeiro trimestre.

 

Noticias web

09/04/2020