CRTVG

Buscar

PSOE, Podemos e Esquerra pactan facilitar a inmersión lingüística

Publicado o 03/11/2020 15:16

PSOE, Podemos e ERC pactan un cambio na lei educativa que facilita a inmersión lingüística. A enmenda elimina do texto a referencia de que o castelán é a lingua vehicular en toda España.

Segundo adelanta o xornal El País, votarase o xoves e contempla que, ao finalizar o ensino obrigatorio, todo o alumnado deberá ter un "dominio pleno" tanto do castelán como da lingua cooficial da súa comunidade. O Goberno acaba de dicir que aínda se está negociando.

Noticias web

03/11/2020