CRTVG

Buscar

PSOE e Unidas Podemos pactan a xestión das discrepancias da coalición nun acordo de 20 puntos

Publicado o 09/01/2020 10:35

Vinte puntos para favorecer a coordinación do Goberno de coalición e evitar a imaxe dun Goberno dividido ou de dous gobernos. O documento asinado entre PSOE e Unidas Podemos prevé a creación de dúas comisións de seguemento do pacto, unha no ámbito do Exectivo e outra no ámbito parlamentario.

Os de Sánchez e os de Iglesias acordan rexerse polos principios de lealdade e cooperación. Establecen fórmulas para pactar as discrepancias. Asumen, ambos, que a acción de goberno, acorde co artigo 98 da Constitición, é coordinada polo seu presidente.

Os aspectos relativos á comunicación acaparan un apartado propio. Establécese que todos os gabinetes deben informar con antelación o secretario xeral de Comunicación dos anuncios e dos compromisos. A axenda de comunicación debe ser pactada.

Noticias web

09/01/2020