CRTVG

Buscar

PSOE e Podemos reúnense de urxencia para frear a crise aberta no Goberno de coalición nas últimas semanas

Publicado o 06/03/2020 20:48

PSOE e Podemos reuníronse esta tarde de urxencia para frear a crise aberta no Goberno de coalición nas últimas semanas. Despois da xuntanza, ambos partidos pechan filas e defenden o diálogo para resolver as súas diferenzas. Din que por riba delas porán os compromisos políticos que adquiriron.

A xuntanza estaba prevista para o próximo xoves pero adiantouse por sorpresa para este venres pola tarde.

Con respecto á Lei integral de liberdade sexual, que foi o foco principal das súas friccións, din ao unísono que é un logro colectivo do movemento feminista e unha lei de todas, e animan á participación nas manifestacións feministas do próximo domingo.

PSOE e Podemos amosan a súa disposición a reunirse sempre que sexa necesario para cumprir os compromisos conxuntos que adquiriron e para facilitar, din, a axenda lexislativa progresista.
 

Noticias web

06/03/2020