CRTVG

Buscar

PSOE e Podemos poñen en marcha as súas consultas coa militancia

Publicado o 22/11/2019 14:51

Durante esta fin de semana, o PSOE e os distintos socios de Unidas Podemos consultan coa súa militancia o preacordo que asinaron. As bases votan un documento xeral que en privado segue negociando Iglesias e Sánchez.

"Somos optimistas, estamos negociando con tranquilidade, con moito silencio e creo que a cousa vai ben", di Yolanda Díaz Unidas Podemos.

"O mellor que lle pode pasar ao país é que, por responsabilidade de estado, as formacións políticas estean á altura e permitan que bote a andar ese goberno", asegurou  Isabel Celaá Voceira do Goberno en funcións.

Para que saia adiante a coalición precisan que Esquerra Republicana se absteña. Os cataláns fan unha consulta o luns entre os afiliados e piden unha mesa de negociación. Pero, ademais, Sánchez precisa o voto doutros partidos pequenos como Coalición Canaria. Esta mañá a súa deputada criticaba os contactos cos nacionalistas. 

"A Esquerra Republicana tráella ao pairo este país e a estabilidade deste país", dixo Ana Oramas.

Tamén critican a estratexia de Sánchez antigos dirixentes do PSOE. A Plataforma La España que reúne, da que forman parte Joaquín Leguina ou Redondo Terreros, preparan un manifesto en prol dun pacto co PP e Ciudadanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019