CRTVG

Buscar

PSOE e Podemos aseguran estar unidos no Goberno

Publicado o 09/03/2020 15:00

A través dun comunicado, a Moncloa asegura que estas novas restricións engadidas en zonas sobre as que xa se prevía unha limitación do prezo das vivendas en alugueiro foron consensuadas directamente por Carmen Calvo e Pablo Iglesias. O Goberno pasaría así páxina tras a polémica dos últimos días polo borrador da lei de liberdade sexual. A vicepresidenta segunda asegura sentirse apoiada por Pedro Sánchez.

Pola súa banda, a ministra de Educación réstalle transcendencia ao feito de que nas manifestacións do 8-M os membros do Goberno non coincidisen ao ir cada quen cos seus respectivos compañeiros de partido.

Irene Montero, cuxo anteproxecto de lei estivo tras boa parte das tensións da semana pasada, cre que serán os cidadáns os que xulguen o nivel de entendemento do Goberno.

O ex-presidente Zapatero rema tamén na dirección do Executivo e cre que esas tensións a semana pasada son froito dun debate serio no Consello de Ministros.

O ex-presidente engadiu que discusións semellantes se producían tamén no seu un goberno monocor.

Noticias web

09/03/2020