CRTVG

Buscar

PSdeG e BNG cualifican de "improvisación e falta de medidas" a actuación da Xunta no comezo do curso

Publicado o 10/09/2020 15:51

Improvisación e falta de medidas. Esa é a crítica que fan os grupos da oposición da actuación da Xunta neste comezo do curso escolar.

"Máis profesores, mellores mecanismos, máis protocolos, un plan de dixitalización, un plan especial para os nenos con necesidades educativas específicas que teñen sufrido tanto ao longo destes meses", demandou Gonzalo Caballero (PSdeG), quen engadiu que "a educación é prioritaria para todos e para todas".

"Onde antes había 1'5 metros de separación, agora pode haber un; onde antes non había pantallas, agora dise que pode haber pantallas, e o que estamos vendo é a improvisación continua nun tema tan serio. O que non poden facer a Xunta e o Partido Popular é considerar que no medio dunha pandemia a volta ás aulas teña que producirse coma se non existise a covid-19", salientou Ana Pontón (BNG).

Noticias web

10/09/2020