CRTVG

Buscar

PSA volverá á actividade gradualmente desde o vindeiro luns

Publicado o 04/05/2020 15:20

Tras aprazarse ata en dúas ocasións a data prevista, a planta viguesa de PSA retomará a actividade o próximo luns, 11 de maio, coa posta en marcha dos talleres de embutición, ferraxe e pintura. Dous días despois arrancará a produción, pero cunha soa quenda de traballo.

Será unha incorporación gradual co obxectivo de cumprir o plan de seguridade deseñado pola empresa. Se todo vai ben, na primeira semana de xullo a fábrica estaría traballando ao cen por cento, recuperando a produción de máis de dous mil vehículos diarios.

A volta ao traballo na factoría está marcada pola data de apertura dos concesionarios, peza clave para a fabricación de vehículos e tamén da subministración dos compoñentes procedentes da industria auxiliar.

Noticias web

04/05/2020