CRTVG

Buscar

PSA volve á produción con boas previsións, pero coa incerteza do impacto da covid

Publicado o 17/08/2020 16:31

PSA Vigo retoma este luns a produción con boas previsións de actividade e emprego, pero coa incerteza de como vai a evolucionar unha pandemia que lle pode afectar no ámbito económico.

Afrontan un último trimestre incerto, pero volven este luns ao traballo con boas previsións. Setembro preséntase con bastante carga de traballo e con todas as quendas operativas e cun ritmo de traballo de 2.000 coches ao día.

PSA comeza a rodar e con el faino toda unha cadea de provedores e un centenar de compañías galegas relacionadas coa automoción.

 

Noticias web

17/08/2020