CRTVG

Buscar

PSA-Vigo supera os 7.000 traballadores por primeira vez nunha década

Publicado o 21/02/2020 15:18

PSA en Vigo bate récords. Supera os 7.000 empregos por primeira vez nunha década.  A factoría viguesa acada o máximo rendemento.  

O motivo é a creación dunha cuarta quenda de fin de semana co obxectivo de reforzar a produción do novo todo camiño Peugeot 2008. Isto supón en cifras a incorporación doutros 600 traballadores a partir do 19 de marzo.

Deste xeito, PSA Vigo superará os 7.000 empregos, e con este cadro de persoal a planta traballará con catro quendas nas dúas liñas, case de forma ininterrompida as 24 horas do día e os sete días da semana. 

 

Noticias web

21/02/2020