CRTVG

Buscar

PSA Vigo recupera este luns todas as quendas de traballo

Publicado o 16/08/2020 15:20
PSA Vigo recupera este luns todas as quendas de traballo

A factoría de PSA en Vigo retomou esta noite a actividade e a partir de mañá todas as quendas estarán en funcionamento. A posta en marcha da fábrica arrastra tamén a toda a cadea de provedores e mais o cento de empresas galegas que a fornecen dos elementos fundamentais para a montaxe dos vehículos. PSA Vigo volverá funcionar case ao mesmo nivel que antes da pandemia, con 7.000 traballadores e a un ritmo de 2.000 coches ao día.

 

Noticias web

16/08/2020