CRTVG

Buscar

PSA Vigo necesita incorporar despois do verán ata 1.000 traballadores

Publicado o 02/05/2019 11:23

PSA Vigo vai incrementar o cadro de persoal a partir de setembro. Para iso, xa se ofertan postos.

PSA Vigo necesita incorporar despois do verán ata 1.000 traballadores para a súa liña de produción. O obxectivo e que saían rematados 57 vehículos cada hora. Para logralo van funcionar a pleno rendemento as catro quendas, día e noite, sábados e domingos ata acadar un ritmo de practicamente un coche por minuto.

Ensamblarase dende setembro na plata de Vigo o novo Peugeot 2008, que se sumará aos demais modelos xa en produción.

Os contratos serán de entre 20 e 24 horas á semana para o total desta oferta, que se converte así no incremento de persoal máis importante dende o ano 2009.


 

Noticias web

02/05/2019