CRTVG

Buscar

PSA-Vigo inicia a contratación de 1.200 persoas para facer 2.300 coches cada día

Publicado o 20/09/2019 19:24

Nunha conferencia no Círculo de Empresarios o director de PSA-Vigo salientou o bo momento da fábrica. Iniciaron a contratación de 1.200 empregados para desenvolver novos modelos e facer a versión eléctrica doutros que xa están no mercado. "Por agora estamos fabricando 1.700 vehículos día e a nosa previsión é chegar a fabricar 2.300", dixo Ignacio Bueno.

Un dos retos de futuro do grupo é ter en cinco anos unha versión eléctrica ou híbrida de todos os seus modelos. Iso non significa, aclara Bueno, a desaparición dos vehículos tradicionais pero con controis máis rigorosos de emisións. "Moita xente non sabe que mercar. Pensa que vai mercar un coche diésel e que dentro de tres meses non vai poder entrar nas cidades. E iso non é así", afirmou o responsable de PSA en Vigo

Con todo considera que se non acadan o 9% de venda de coches eléctricos previsto, o volume de produción e emprego da fábrica de Vigo pode verse ameazado. O director da factoria non oculta a súa preocupacion por outras incertezas no horizonte como o brexit ou a dura competencia das fábricas de automóbiles de Portugal ou Marrocos.

Noticias web

20/09/2019