CRTVG

Buscar

A factoría de PSA en Vigo estrea unha segunda quenda de noite

Publicado o 20/01/2020 14:07

Os 600 empregos novos que estrearán a quenda de noite no sistema 1 son contratos a tempo parcial de catro horas cunha duración máxima dun ano. Os trescentos restantes, ata os 900 que se incorporan ao horario nocturno, xa estaban na factoría.

Todas as novidades se concentran no sistema que produce o novo todocamiño Peugeot 2008 porque, se a previsión de vendas deste modelo se confirma, a fatoría de Balaídos podería superar a marca histórica de 550.000 vehículos fabricados en 2007. Iso suporá máis contratacións e unha cuarta quenda de fins de semana e de festivos na liña 1. Con catro quendas nos dous sistemas, Vigo estaría funcionando a pleno rendemento.

Ademais, a direción e os sindicatos retoman esta semana as negociacións do convenio colectivo para marcar os ritmos de traballo nos vindeiros catro anos.

Noticias web

20/01/2020