CRTVG

Buscar

PSA Vigo aproba o novo convenio colectivo, que prevé 1.050 novos contratos

Publicado o 11/02/2020 15:32

Tras varias semanas de intensas negociacións, PSA Vigo conseguiu aprobar o seu novo convenio colectivo, que terá vixencia ata o ano 2023. O documento, que saíu adiante co único apoio do sindicato independente e maioritario que representa o 63% do cadro de persoal, contempla xerar 1.050 novos contratos estables, case o triplo que o convenio anterior. Dese total, 350 contratos serán indefinifos, 350 pasarán de tempo parcial a tempo completo e outros 350 levarán consigo a retirada da cláusula de variabilidade.

Amais destas melloras no emprego, o novo texto prevé unha serie de beneficios sociais para mellorar as condicións de traballo coa ampliación de descansos na liña de montaxe ou a posta en marcha dunha serie de medidas para mellorar a conciliación da vida laboral e familiar.

No eido económico, estímase un incremento salarial dun 0,8% conforme ao IPC e inclúese unha cláusula de melloras salariais e profesionais se PSA vende máis de 15 millóns de vehículos anuais en Europa.

O acordo, que tamén saíu adiante na fábrica de Madrid, queda aberto á adhesión doutros sindicatos representados no comité de empresa que non fixaron a súa posición.


 

Noticias web

11/02/2020