CRTVG

Buscar

PSA reúnese cos traballadores e baralla aplicar un ERTE

Publicado o 23/03/2020 16:37

Non hai data para a volta ao traballo na fábrica viguesa de PSA, todo dependerá da evolución da pandemia que obrigou á paralización total da produción hai cinco días. Ante esta situación, a dirección aborda cos representantes sindicais a posibilidade de aplicar un ERTE entre os sete mil traballadores do cadro actual. Outra das consecuencias da inactividade en PSA é que polo momento non se producirá a incorporación da cuarta quenda prevista para esta semana co obxectivo de reforzar a produción do todocamiño 2008. A pandemia frustra así as expectativas do grupo, que prevía un ano de cifras récord cunha produción de case 600.000 vehículos, superando a cifra histórica do ano 2007. A multinacional estuda tamén atrasar algúns lanzamentos como o modelo C41. A que xa comezou a negociar un ERTE é a industria de compoñentes co obxectivo de aguantar o tempo que dure a paro en PSA. 

Reunión entre patronal e sindicatos do metal

Tamén patronal e sindicatos do metal se reuniron esta mañá para falar dos ERTE. A patronal do metal avoga agora máis que nunca polo diálogo e reitera a necesidade de garantir todas as medidas de seguridade para os traballadores dun sector que de momento van seguir coa súa actividade. Con todo, nas últimas horas Freire acaba de anunciar que será o primeiro estaleiro en parar polo positivo dun traballador dunha auxilliar. 

 

 

Noticias web

23/03/2020