CRTVG

Buscar

PSA retomará o próximo día 11 a actividade da súa planta de Vigo

Publicado o 01/05/2020 19:50
PSA retomará o próximo día 11 a actividade da súa planta de Vigo

PSA empezou a comunicar este venres aos sindicatos e aos traballadores que retomará o luns 11 de maio a actividade na súa planta de Vigo. Fontes da empresa detallaron que a produción se retomará o día 11 con equipos de traballo nos talleres de embutición, ferraxe e pintura. "O día 13 xa estaría a traballar a fábrica ao completo pero nunha soa quenda, a quenda de mañá", explicaron estas fontes, que sinalan que a actividade se irá retomando de forma gradual. Antes da declaración do estado de alarma a planta de Vigo contaba con tres quendas de traballo (mañá, tarde e noite) en dúas das súas liñas.